A Biblioteca de Agolada súmase á iniciativa da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix de ler o manifesto a favor da lectura escrito por Aino Pervik . Manifesto que se lerá o mesmo tempo en centos de librarías e bibliotecas de todo o mundo os días 1 e 2 de abril.
Aino Pervik
O día 1 de abril ás 12 do mediodía na Biblioteca Pública
O cartel de promoción está deseñado por Jüri Mildeberg, da sección de Estonia
Conmemoraremos o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen con lecturas dos seus contos máis coñecidos e debuxos dos mesmos.