Iniciativa Xove incrementa o orzamento para as actividades promovidas pola mocidade ata os 695.000 euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o día 31 de xaneiro a orde de axuda de “Iniciativa Xove”. A convocatoria deste ano mantén as novidades que se introduciron no pasado exercicio co fin de favorecer a implicación plena da xuventude na sociedade. A orde incrementa en 2011 o seu orzamento destinado a apoiar iniciativas xuvenís nun total de 20.000 euros, ata chegar a un financiamento global de 695.000 euros. Este incremento inscríbese no compromiso firme co fomento da participación social da mocidade galega.Para os efectos desta orde considéranse áreas de atención prioritarias para desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:a) Proxectos de ocio e lecer educativo.b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas dos xoves na súa comunidade e contorno.A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Destinatarios:a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Requisitos:1. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.A contía máxima da axuda concedida será de 7.000 € e non poderá superar o 80% do orzamento total.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2011.
Máis información no Teléfono Xove: 902 15 25 35 e no DOG do 31 de xaneiro de 2011
A través deste enlace pódese cumprimentar as solicitudes no propio PC
Recordade que se non vos chega o espazo dispoñible en calquera anexo, pódese cubrir o anexo e ampliar a información noutra folla
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ca8485d13278206bc1257826004d2220/$FILE/02000D007P017.PDF
martes, 8 de febrero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)